10.12.06

"Santa Liberdade"

En 1961, un grupo de galegos e portugueses toma por asalto o trasatlántico portugués Santa María- rebautizado co nome de SANTA LIBERDADE , que con máis de mil pasaxeiros a bordo, a maioría galegos, dirixíase dende Venezuela ó porto de Vigo. Baixo as ordes de Humberto Delgado e Henrique Galvaoe Xosé Velo, Xurxo Fernández de Soutomaior, o comando do DRIL- Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación- quería chamar a atención sobre as Dictaduras de Franco e Salazar.Entrada en Recife.jpg O 27 de xaneiro de 1961 o presidente Kennedy informa de que o barco foi localizado ó norte da desembocadura do río Amazonas, de que non deu ordes de abordaxe e que a VI Flota ten como misión acompañar ó trasatlántico. O SANTA LIBERDADE entra en Recife despois de que Jánio Quadros, recén nomeado presidente do Brasil, conceda o dereito de asilo e deixa libres ós militares. A prensa española destaca a confabulación masónica. A portuguesa fala de complot internacional e de acto de piratería.


Tres dos membros do comando volven a atoparse por primeira vez para ser as personaxes centrais da película.

Cartel da película

O Santa María durante o secuestroA directora Margarita Ledo Andión, Catedrática de Comunicación Audiovisual na Universidade de Compostela recupera documentos gráficos da época e incorpora as únicas imaxes filmadas a bordo. Realizounas Luís Noya, un pasaxeiro da Guarda que estará en Goián para recordar como viviu a “Operación Dulcinea” o nome desta sorte de utopía que durante trece días protagonizan 24 anti-fascistas baixo as siglas DRIL.


2 comments:

Anonymous said...

Gand'aventura... meu... tás a ver.. isto não é de anti-fascistas nem fascistas... é de malta de fibra e sem medo..o tal general... houvesse gajos e gajas assim oje... e com armas ou decretos... limpava-se o país... tás a ver..:!

Anonymous said...

Extraordinário!